Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 668/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 668/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Suárez Méndez contra a empresa Santín Digital, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa copia literal di:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Neste xulgado tivo entrada o día 25 de setembro de 2019, o procedemento despedimento/cesamentos en xeral 668/2019, en que foron partes José María Suárez Méndez, Santín Digital, S.L. e Fogasa, Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. O avogado Alejandro Martín López, en nome e representación da parte demandante, presentou escrito en que solicitaba a acumulación do presente procedemento ao procedemento DOI 101/19 seguido no Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela.

Fundamentos de dereito:

Único. Conforme o disposto no artigo 29 da LXS, permítese acordar de oficio ou por instancia de parte a acumulación de demandas interpostas en distintos procesos ante dous ou máis xulgados do social dunha mesma circunscrición fronte a un mesmo demandado, aínda que os demandante sexan distintos, sempre e cando se exerzan idénticas accións. A petición deberase formular ante o xulgado ou tribunal que coñecese da demanda que tivese entrada antes no Rexistro.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Dispoño:

Acceder á acumulación solicitada, acordando a remisión deste procedemento despedimento/cesamentos en xeral 668/2019 para a súa acumulación aos autos DOI 101/19, que se tramitan no Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Santín Digital, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza