Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52323

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación de delegación de competencias tributarias do Concello de Cedeira.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

«44. Aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Cedeira.

1. Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de Cedeira na sesión plenaria do 31 de xaneiro de 2018, en relación coas seguintes materias:

1) Recadación voluntaria e executiva da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.

2) Recadación voluntaria e executiva da taxa polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas ao efecto por esta deputación provincial.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 8 de novembro de 2019

Valetín González Formoso
Presidente da Deputación
da Coruña

José Luis Almau Supervia
Secretario xeral da Deputación
da Coruña