Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de novembro de 2019 pola que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, punto quilométrico 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06.

Con data do 23 de outubro de 2019, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 149, do 6 de agosto de 2018, publicouse o Anuncio do 19 de xullo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. As administracións afectadas emitiron os correspondentes informes e no trámite de información pública foron formuladas alegacións polas persoas interesadas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Terceiro. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas, de acordo co Decreto 26/2019, do 7 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Esta competencia atópase delegada na persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

De conformidade co establecido no artigo 22 da citada Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o órgano competente da Administración promotora da actuación debe adoptar a correspondente resolución, que poder ser de aprobación definitiva de todo o ámbito do estudo do proxecto, ou ben só dunha parte deste. No presente caso, unha vez visto o expediente tramitado, procede a aprobación do expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06, en unicamente unha parte do estudo inicialmente realizado, isto é, procede a aprobación do ámbito do treito de concentración de accidentes comprendido entre os p.q. 11+700 e 12+400 da PO-331, correspondente ao treito do polígono industrial da Pasaxe.

No desenvolvemento da actuación, na parte do proxecto construtivo que se aproba, correspondente ao treito da actuación entre os p.q. 11+700 e 12+400 da PO-331, localizado no polígono industrial da Pasaxe, non hai terceiros afectados.

De acordo con todo o exposto, e tras os informes, certificados e alegacións presentadas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, no ámbito comprendido entre os p.q. 11+700 e 12+400 da PO-331, correspondente ao treito do polígono industrial da Pasaxe.

Segundo. Deixar sen efecto o ámbito entre os p.q. 12+400 e 14+600 da PO-331 correspondente ao TCA no núcleo de Vincios, que será desenvolto a través dunha nova actuación.

Terceiro. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Gondomar deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas