Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2019-27 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Marcos Antonio Cupeiro Blanco.

Domicilio social: Xordo, 3, Santa María de Quintela. 27258 Castro de Rei (Lugo).

Denominación: liña 20 kV aero/subterránea e centro de transformación 50 kVA Reigada, Quintela (Santa María).

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

• Liña de media tensión aérea a 20 kV (LMT1) con orixe no apoio de celosía proxectado por Begasa (expediente 2019-28 AT) pertencente á liña Vilalba/Der. Bexán/Fontela/Pedralba, e final no apoio nº 1 tipo HV-250/11, no cal se realiza un paso aéreo a soterrado e se instala un seccionador XS, cunha lonxitude de 9 metros en condutor tipo LA-56.

• Liña soterrada de media tensión a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado executado no apoio nº 1 tipo HVH-250/11 e final nun paso aéreo a soterrado executado no apoio nº 2 tipo HVH-250/11, cunha lonxitude de 82 metros en condutor tipo RHZ1-95 mm2.

• Liña de media tensión aérea a 20 kV (LMT2) con orixe no apoio de formigón nº 2 tipo HVH-250/11 e final no apoio nº 3 tipo HV-1600/11, no cal se proxecta o CTI de 50 kVA, cunha lonxitude de 5 metros en condutor tipo LA-56.

• Centro de transformación Intemperie sobre apoio de formigón nº 3, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado e final na CXP do solicitante, cunha lonxitude de 10 metros en condutor XZ1-150 mm2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 4 de novembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo