Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 405/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 405/2017 por instancia de Mª de los Ángeles del Río Rama contra Confecciones Ideal, S.L. sobre DSP, nos que recaeu auto, con data do 8 de novembro de 2019, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Dispoño:

Ten lugar a aclaración de Sentenza con data do 24 de xaneiro de 2019 e modifíquese o encabezamento, o feito probado décimo, fundamento de dereito terceiro, páxina 9, parágrafo terceiro, fundamento de dereito segundo, páxina 9ª, parágrafo terceiro e a decisión da sentenza, excepto a solicitude terceira de aclaración na decisión en canto é unha estimación parcial que inclúe a subxectiva os cales quedarán do teor literal seguinte:

«Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 405/2017, sendo parte nestes, dun lado, como demandante, María de los Ángeles del Río Rama, asistida pola letrada Sra. Giráldez Méndez, e, doutro, como demandadas, as empresas, Confecciones Deus, S.L., Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Pedracapela, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Vainica Doble, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga, María del Carmen Deus Fraga, Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Confección Ideal, S.L., María Carmen Deus Fraga y Otra, S.C., Rogelio Bodelo Deus, Suañes Camisas, L.D.A., María Esmeralda Suáñez Tejerina e Laura Liste Vilares, así como as administracións concursais de Shivshi, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Perseo Textil, S.L., de Strass Textil, S.L., de Plataforma Costurera, S.L., de Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L. e de Confección Ideal, S.L., sen que ningunha delas compareza, a empresa Strass Textil, S.L. e Laura Liste Vilares, ambas asistidas pola letrada Sra. Vasallo Rapela, con intervención do Ministerio Fiscal e do Fondo de Garantía Salarial, sen que ningún deles compareza, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza».

«Feito probado

Décimo: a mercantil Strass Textil, S.L. constitúese por escritura pública con data do 14 de xullo de 2015, figurando como outorgantes Rogelio Bodelo Deus e Laura Liste Vilares, tendo por obxecto, entre outros, a compra e venda de produto terminado de todo tipo de teas, xénero téxtil, fixándose como domicilio do lugar das Casillas, número 73, Ordes (A Coruña) atribuíndose a administración mancomunada a Rogelio Bodelo Deus e Laura Liste Vilares, desenvolvendo a súa actividade na Avda. Luís González Taboada, 45, Lalín (Pontevedra)».

«Fundamento de dereito terceiro.

Igualmente debe ser excluída do grupo a demandada Strass Textil, S.L. e a súa administradora Laura Liste Vilares, sendo insuficiente a mera coincidencia do obxecto e parcial do administrador (Rogelio Bodelo Pichel) para que se poida derivar responsabilidade solidaria por existencia de grupo de empresas, ao non concorrer o plus anteriormente mencionado, non coincidindo o lugar de realización de actividade co domicilio das codemandadas».

«Fundamento de dereito segundo

Por último e, en relación ás demais persoas físicas demandadas, Antonia Deus Fraga, casada con Rogelio Bodelo Deus e María del Carmen Deus Fraga, casada con Santiago García Señarís, o fillo de Antonia e Rogelio, Rogelio Bodelo Deus, e o fillo de Antonia e Rogelio, e Santiago García Deus, habemos de sinalar que, nestes casos, por regra xeral, se debe partir da non responsabilidade dos socios maioritarios da empresa, nin dos administradores sociais polas débedas ocasionadas pola empresa, cando se reclaman ante esta xurisdición social por incumprimento da normativa que regula a responsabilidade dos administradores sociais, por todas, a sentenza da Sala do social do Tribunal Supremo, con data do 9 de novembro de 1999, recaída no recurso de casación para a unificación de doutrina número 2252/98, ao non ter o administrador, socio maioritario ou socio-administrador a condición de empresario do traballador conforme o disposto no artigo 1 do Estatuto dos traballadores, de maneira que se se trata dunha responsabilidade derivada da lexislación que regula o tipo social de sociedades de responsabilidade limitada e/ou sociedades anónimas, esta debería ser exixida ante a orde xurisdicional civil, xa que nesta orde social da xurisdición non se está actuando prexudicialmente, nin é necesario un pronunciamento nese sentido como requisito previo á condena da empresa demandada, existindo dúas personalidades xurídicas diferentes e diferenciadas, polo que igualmente procede a desestimación da demanda en relación ás devanditas persoas físicas».

«Decido

Estímase parcialmente a demanda interposta por María de los Ángeles del Río Rama fronte a Confecciones Deus, S.L., Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Pedracapela, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Vainica Doble, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga, María del Carmen Deus Fraga, Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Confección Ideal, S.L., María Carmen Deus Fraga y Otra, S.C., Rogelio Bodelo Deus, Suañes Camisas, L.D.A., María Esmeralda Suáñez Tejerina e Laura Liste Vilares, así como as administracións concursais de Shivshi, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Perseo Textil, S.L., de Strass Textil, S.L., de Plataforma Costurera, S.L., de Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L. e de Confección Ideal, S.L., Strass Textil, S.L. e Laura Liste Vilares, con intervención do Ministerio Fiscal e do Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 20 de marzo de 2017.

– Absólvense as empresas Strass Textil, S.L., María del Carmen Deus Fraga y otra, S.C. e Suañes Camisas, L.D.A., así como as persoas físicas Laura Liste Vilares, María Esmeralda Suáñez Tejerina, Antonia Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel, María del Carmen Deus Fraga, Santiago García Señarís e Rogelio Bodelo Deus.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 20.395,38 euros determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 49,42 euros diarios. Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Téxtil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Pedracapela, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Novo Siglo Textiles, S.L., Confecciones Ideal, S.L., vinculando as administracións concursais de Shivshi, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Perseo Textil, S.L., de Plataforma Costurera, S.L., de Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L. e de Confecciones Ideal, S.L.».

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados.

Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que se poidan interpoñer fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Deus, S.L., Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Pedracapela, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Vainica Doble, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga, María del Carmen Deus Fraga, Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nueve Siglo Textiles, S.L., Confección Ideal, S.L., María Carmen Deus Fraga y Otra, S.C., Rogelio Bodelo Deus, Suañes Camisas, L.D.A., María Esmeralda Suáñez Tejerina e Laura Liste Vilares, administracións concursais de Shivshi, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Perseo Textil, S.L., de Strass Textil, S.L., de Plataforma Costurera, S.L., de Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L. e de Confección Ideal, S.L. e Strass Textil, S.L., expido e asino a presente na Coruña, 13 de novembro de 2019.

A letrada da Adminsitración de xustiza