Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 271/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 271/2017 por instancia de Lara Real Álvarez contra Asociación Novarte sobre procedemento ordinario, nos cales recaeu auto con data do 8 de novembro de 2019 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva:

«Dispoño:

Procede a aclaración de sentenza do 16 de outubro de 2019 e modifíquese o suplico da demanda, o cal quedará do teor literal seguinte:

“Considérase a demanda formulada por Lara Real Álvarez fronte á empresa Asociación Novarte e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Asociación Novarte a aboar a Lara Real Álvarez a cantidade de cento oitenta e oito euros con setenta céntimos de euro (188,70 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %”.

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Asociación Novarte expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza