Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51540

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 2 de decembro de 2019 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de subvencións para entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro recollido na Orde do 7 de xuño de 2019 para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia e pola que se convocan para o ano 2019 (código de procedemento TR332A).

Mediante a Orde do 7 de xuño de 2019, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 116, do 20 de xuño, establecéronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2019.

No seu artigo 2 recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.322A.481.3 (proxecto 2014 00 583) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aprobados mediante a Lei 2/2018, do 26 de decembro, polos importes de 1.500.000,00 euros na anualidade 2019 e 3.500.000,00 euros na anualidade 2020, correspondentes a fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

No mesmo artigo 2 da dita orde establécese que a contía máxima así como a distribución entre créditos orzamentarios, poderán ser obxecto de modificación nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 30.2.b) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009) a convocatoria poderá prever a posibilidade de ampliar o crédito cando o aumento veña derivado da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes fixado no artigo 5 da Orde do 7 de xuño de 2019 comprobouse que na aplicación 481.3 o volume de solicitudes supera a dispoñibilidade orzamentaria.

En consecuencia, existindo remanentes de fondos finalistas nesa mesma aplicación procedentes de compromisos negativos de convocatorias anteriores con cargo ao mesmo crédito, pódese ampliar o crédito inicialmente previsto na aplicación 481.3 para o financiamento das citadas subvencións e procede ditar esta orde de ampliación, en cumprimento do disposto nos preceptos anteriormente citados co fin de optimizar os recursos dispoñibles para esta convocatoria, baixo a perspectiva da eficiencia na asignación dos recursos públicos e así poder atender a un maior número de proxectos.

Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1

Ampliar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia e se convocan para o ano 2019 nas seguintes contías e aplicación orzamentaria con remanentes existentes con cargo ao mesmo crédito na mesma aplicación e proxecto.

Aplicación

Proxecto

Anualidade

Crédito inicial

Ampliación

Crédito definitivo

09.41.322A.481.3

2014 00583

2019

1.500.000,00 €

225.000,00 €

1.725.000,00 €

09.41.322A.481.3

2014 00583

2020

3.500.000,00 €

525.000,00 €

4.025.000,00 €

Artigo 2

Esta modificación non implicará a apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria