Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade O Cantiño, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade O Cantiño, Sociedade Cooperativa Galega, que afecta o artigo 47 (o capital social mínimo queda establecido en 3.006,00 euros) e o artigo 48 (a achega obrigatoria mínima para ser socio traballador será de 501,00 euros).

Lugo, 19 de novembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo