Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019599TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 30 de outubro de 2019, a Xefatura Territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019599TA-PO contra a persoa titular do DNI 36138838L.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica á persoa titular do DNI 36138838L o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula e lémbrandoselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 20 de novembro de 2019

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 136/2019, do 10 de outubro; DOG núm. 208)
Beatriz Agrelo Lorenzo
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2019599TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 36138838L.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.u): prohíbese fumar en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).