Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51508

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable non delimitado número 8 (SUND-8) Monte Vidán.

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de outubro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUND-8 (Monte Vidán), promovido por iniciativa particular de Santiago Sur Galicia, S.L., e elaborado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, coas seguintes condicións:

O proxecto que se somete á aprobación inicial é o presentado con data do 12.11.2018, xunto co anexo presentado o 30.9.2019, que clarifica e complementa o anterior en resposta ao requirimento municipal de xullo 2019.

O documento que se somete á aprobación inicial xa incorpora os planos reformados de información (I2 a I6, I8 e I9) presentados con data do 5.7.2019.

Como condición para a aprobación definitiva deberase presentar un documento refundido que integre a documentación referenciada, emendando as cuestións sinaladas no acordo de aprobación inicial.

Segundo. Someter o plan á información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia. Simultaneamente, efectuarase notificación persoal aos propietarios dos terreos afectados, segundo figuren no catastro.

Durante o trámite de información pública solicitaranse os informes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, así como o da Axencia Galega de Infraestruturas sobre posibles afeccións a vías de titularidade autonómica.

Así mesmo, solicitarase co informe da Intervención Municipal sobre o estudo de sustentabilidade económica.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida á exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Plan-parcial-do-SUND-8-Monte-Vidan/gl

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019 do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica