Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva de expropiación de terreos no Castro de Montesclaros.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do 22 de novembro de 2019, acordou aprobar definitivamente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para efectos da obtención dos terreos afectados polo sistema xeral de espazo libre no Castro de Montesclaros, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O acordo de aprobación definitiva implicará, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

O contido do acordo notificarase de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte días durante os cales poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

A Laracha, 22 de novembro de 2019

José Manuel López Varela
Alcalde