Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a ampliación da estación depuradora de augas residuais nunha fábrica de queixo de Queserías Entrepinares, S.L.U., no concello de Vilalba (Lugo) (expediente 2019-IPPC-M-166).

Para os efectos previstos nos artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11.12.2013), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do siguiente ao da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por Queserías Entrepinares, S.L.U. para solicitar a modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para la ampliación da estación depuradora de augas residuais nunha fábrica de queixo en Vilalba, co fin de que calquera interesado poda consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Queserías Entrepinares, S.L.U.

NIF: A47037296.

Domicilio social: avenida de Santander, nº 140, polígono industrial Las Arenas-Valladolid.

Localización da instalación: parque empresarial de Vilalba, ampliación segunda, parcela P-56.

Modificación solicitada: ampliación da depuradora de augas residuais da planta.

Epígrafe de actividade (modificación da autorización ambiental integrada): anexo I, 9.1.c).

Categoría de proxecto (avaliación ambiental): anexo II, grupo 8.d.

Descrición da modificación:

A empresa pretende ampliar a produción na fábrica polo que se prevé que as súas verteduras se vexan incrementados ata chegar a un caudal máximo de 1.800 m³/d.

As fases da ampliación prevista serán as seguintes:

– Fase I: substitución dunha das soprantes do reactor biolóxico e ampliación do MBR existente.

– Fase II: ampliación do tratamento físico-químico (conversión do DAF existente nun sistema Gas Energy Mixing), ampliación do almacenamento de lodos e ampliación do sistema de deshidratación de lodos.

– Fase III: ampliación do tratamento biolóxico mediante a instalación dun novo reactor aerobio.

– Fase IV: ampliación do tratamento biolóxico mediante a instalación dun novo reactor anóxico.

Verteduras:

– Augas pluviais zonas non contaminadas: vertedura directa á rede de augas pluviais do polígono.

– Augas de proceso, de limpeza, de recolla de leite, de silos, de limpeza de máquinas, de lavadoiro de camións, de báscula, de zona de descarga de cisternas (recepción), as augas pluviais dunha zona de tanques de almacenamento e as sanitarias son tratadas de forma conxunta na estación depuradora de augas residuais antes da súa vertedura ao ambiente.