Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de novembro de 2019 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 29 de novembro de 2016, ditada no expediente POL/18/2016.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 23 de agosto de 2019, ditou a resolución pola cal se resolve o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 29 de novembro de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade POL/18/2016.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Julio González Fernández e a Mercedes Inés Barcia Guntín, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística