Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 633/2015).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social número 633/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Martínez contra MC Mutual, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Iglesias Garaboa José A. y Otra, C.B., José A. Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 baixo, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019 .

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 633/2015 e 420/2016 acumulados, seguidos por instancia de Leticia López Martínez, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS, en diante), Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS, en diante), asistidos pola letrada da Seguridade social Sra. Guerra Díaz; MC Mutual, asistida pola letrada Sra. González-Chao Fernández-Dopeso; Iglesias Garaboa José A. e C.B., José A. Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 baixo, S.L., Tam Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., que non comparecen, a pesar da súa citación na debida forma, con base nos seguintes,

Decido.

Que estimando a demanda interposta por instancia de Leticia López Martínez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS, en diante), Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS, en diante), MC Mutual, Iglesias Garaboa José A. e C.B., José A. Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51, baixo, S.L., Tam Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., debo declarar e declaro que a base reguladora mensual da pensión que lle foi recoñecida á actora por incapacidade permanente total derivada de enfermidade profesional ascende a 919,12 euros ao mes, condenando os demandados a estar e pasar por tal pronunciamento, declarando a responsabilidade solidaria das empresas codemandadas Iglesias Garaboa José A. E C.B., José A. Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 baixo, S.L., Tam Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., pola diferenza entre a pensión resultante da base reguladora aquí establecida e a determinada en vía administrativa de 806,28 euros, cos efectos legais a iso inherentes, en canto á porcentaxe de aboamento do 55 %, data de efectos do 15 de maio de 2015, coas revalorizacións e melloras que procedan. Todo iso sen prexuízo da obrigación de anticipo de MC Mutual e a responsabilidade subsidiaria do INSS no caso de insolvencia empresarial.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 baixo, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza