Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51181

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de novembro de 2019 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos os seguintes erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 226, do 27 de novembro de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 50601, no primeiro parágrafo do punto 2.a) da base I da dita convocatoria, onde di: «...todos os postos situados na mesma localidade ou en localidades que, ... », debe dicir: «...todos os postos situados na mesma localidade e en localidades que...».

Na páxina 50602, no segundo parágrafo da base II.a) da convocatoria, onde di: «Portal do Empregado no enderezo electrónico...», debe dicir: «1. Portal do Empregado no enderezo electrónico...».

Na páxina 50603, no punto b) 2 da base II, débese engadir o seguinte parágrafo: «Segundo o establecido no punto 3 do artigo 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e no portal do empregado admitiranse os sistemas de identificación Chave365 e as credenciais dos directorios corporativos, respectivamente, como sistemas de sinatura para a realización dos trámites indicados, garantindo a acreditación da autenticidade da expresión da vontade e consentimento das persoas interesadas».

Na páxina 50604, no punto 2 da base III, débense engadir os seguintes parágrafos:

O persoal doutras administracións deberá achegar á Dirección Xeral da Función Pública a seguinte documentación:

a) Certificación emitida pola Administración de orixe que acredite a situación administrativa desde o cal participa e a data da toma de posesión no último destino definitivo.

b) Copia autenticada do Celga ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente, segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG nº 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), e pola Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegos.