Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51183

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso dunha aspirante.

A aspirante Beatriz Feijoo Álvarez, con DNI ***8604**, o 25 de outubro de 2019 presentou escrito de alegacións no que manifesta que, dentro do prazo regulamentariamente previsto de 10 días hábiles tras superar a fase de oposición, achegou a correspondente documentación compulsada acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso.

Verificado polo tribunal que a dita documentación non figuraba dentro do conxunto de expedientes para valorar e que fora correctamente presentada en tempo e forma pola aspirante no Rexistro da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o día 27 de maio de 2019 (entrada 8573/RX1162309), na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro, o tribunal nomeado pola Orde do 26 de outubro de 2018 (DOG núm. 215, do 12 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola aspirante Beatriz Feijoo Álvarez en cada epígrafe, de acordo co disposto na base II.3 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.3.5 da convocatoria, a persoa aspirante poderá presentar reclamación contra esta baremación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A reclamación irá dirixida ao tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal

ANEXO

II.3.1. Méritos fase de concurso

DNI

Apelidos e nome

II.3.1.1.

II.3.1.2.

II.3.1.3.

II.3.1.4.

Total

***8604**

Feijoo Álvarez, Beatriz

3,90

0,60

3

0,40

7,90