Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50877

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do IV convenio colectivo para as empresas e traballadores de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Visto o acordo da comisión paritaria do IV convenio colectivo para as empresas e traballadores de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia (código 82000895012006), subscrito na xuntanza celebrada o 2.9.2019 entre FEGAM e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Acta de constitución da comisión paritaria do IV convenio colectivo para as empresas e traballadores de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 10.00 horas do día 2 de setembro de 2019, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, co obxecto de constituír a comisión paritaria do IV convenio colectivo para as empresas e traballadores de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Representación empresarial:

Enrique Blanco Manzano.

Eduardo Quiroga Negreira.

– Representación social:

• UGT Galicia:

Diego Cobos Gende.

Alfonso Boullosa Costas.

• SN de CC.OO. de Galicia:

Roberto Carlos Rodríguez García.

Francisco Ríos Pérez.

• CIG:

Xesus María Pastoriza Santamarina (asesor).

Inácio Pavón Barbagelata (asesor).

Xesús Saleta Castro.

Mario Rodríguez Otero.

Logo do oportuno debate e exposición de posturas por todas e cada unha das representacións presentes sobre as cuestións obxecto da presente xuntanza, procede reflectir na acta o seguinte.

Primeiro. Constitución da comisión paritaria

Acórdase constituír a comisión paritaria do convenio colectivo para as empresas e traballadores de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade e coas competencias e funcións que lle atribúe o seu artigo 10, que queda constituída por 12 membros, 6 en representación da parte empresarial e 6 en representación da parte sindical.

Os 6 representantes da parte empresarial corresponden á FEGAM.

Os 6 representantes da parte sindical corresponden 2 a UGT, 2 a CC.OO. e 2 a CIG.

Segundo. Delegados de prevención sectorial

Acórdase nomear como delegados de prevención sectorial as seguintes persoas:

CIG: Ernesto López Rei.

UGT: Diego Cobos Gende.

CC.OO.: Alberto Blanco Rodríguez.

Terceiro. Consideracións sobre o contido do artigo 42

En relación co punto 4 do artigo 42 do convenio de aplicación, acórdase que cando se aplique a fórmula de eleccións sindicais para os efectos de saber o número de contratos indefinidos que se teñen que utilizar e dea un resultado con decimais, aplicarase o seguinte baremo: cando o decimal estea entre 1 e 4, aplicarase o enteiro resultante, e cando o decimal estea entre 5 e 9, aplicarase o enteiro resultante máis 1.

Cuarto. Delegación

Acórdase delegar a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación da presente acta no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais Ignacio Bouzada Gil.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás 11.30 horas do día sinalado no encabezamento, para o que se expide a presente acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.