Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50875

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2018, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na norma 6.2 dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2018, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2019 e publicados pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 2 de agosto de 2019 (DOG número 165, do 2 de setembro), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes ou dos/das causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 21 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 202, do 23 de outubro) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social do exercicio económico do ano 2018.

Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2018 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto as persoas solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Terceiro. Contra a resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axuda

Entradas

Aprobadas

Denegadas

Importe (€)

Atención de persoas con discapacidade

763

691

72

1.203.397,17