Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50936

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2019 pola que se publica o encargo á empresa pública Tragsatec, Tecnoloxía e Servizos Agrarios, S.A., como medio propio personificado e servizo técnico, da realización das actuacións necesarias para a obtención da autorización para a utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes deste organismo.

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia o encargo á empresa pública Tragsatec, Tecnoloxía e Servizos Agrarios, S.A., como medio propio personificado e servizo técnico, a realización das actuacións necesarias para a obtención da autorización para a utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Para xeral coñecemento, disponse a súa publicación como anexo a esta resolución.

ANEXO

Resolución pola que se encarga á empresa pública Tragsatec, Tecnoloxía e Servizos Agrarios, S.A., como medio propio personificado e servizo técnico, a realización das actuacións necesarias para a obtención da autorización para a utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde

Primeiro

Mediante a Resolución do presidente do Servizo Galego de Saúde do 18 de novembro de 2019 acordouse encargar á empresa pública Tragsatec, Tecnoloxía e Servizos Agrarios, S.A., como medio propio personificado e servizo técnico, a realización das actuacións necesarias para a obtención da autorización para a utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde, e establecéronse as condicións para a realización das actividades encomendadas.

A disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, establece que Tragsa e a súa filial Tragsatec terán a consideración de medios propios personificados e servizos técnicos da Administración sempre que se cumpran os requisitos establecidos no punto 2º da letra d) do punto 2 do artigo 32, e nas letras a) e b) do punto 4 do mesmo artigo, e virán obrigadas a realizar, con carácter exclusivo, os traballos que estes lles encomenden nas materias sinaladas nos puntos 4 e 5, dando unha especial prioridade a aqueles que sexan urxentes ou que se ordenen como consecuencia das situacións de emerxencia que se declaren.

As relacións de Tragsatec cos poderes adxudicadores, dos que son medios propios instrumentais e servizos técnicos, teñen natureza instrumental e non contractual, articulándose a través de encargos dos previstos no artigo 32 desta lei, polo que, a todos os efectos, son de carácter interno, dependente e subordinado.

De conformidade co anterior, resulta de aplicación o artigo 32 da citada Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, por canto regula os encargos dos poderes adxudicadores a medios propios personificados, establecendo que os poderes adxudicadores poderán organizarse executando de maneira directa prestacións propias dos contratos de obras, subministracións, servizos, concesión de obras e concesión de servizos, a cambio dunha compensación tarifaria, valéndose doutra persoa xurídica distinta a eles, ben sexa de dereito público ou de dereito privado, logo de encargo a esta, con suxeición ao disposto neste artigo, sempre e cando a persoa xurídica que utilicen mereza a cualificación xurídica de medio propio personificado respecto deles de conformidade co disposto nos tres apartados seguintes, e sen prexuízo dos requisitos establecidos para os medios propios do ámbito estatal na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.

O encargo que cumpra os ditos requisitos non terá a consideración de contrato.

Segundo. Actividades a que se refire

O obxecto do encargo é levar a cabo as actividades necesarias para a obtención da autorización para a utilización das helisuperficies dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde que se relacionan a continuación:

– H. Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

– H. Provincial de Conxo (Santiago de Compostela).

– H. do Barbanza (Ribeira).

– H. Virxe da Xunqueira (Cee).

– H. Naval de Ferrol.

– H. Lucus Augusti (Lugo).

– H. Piñor (Ourense).

– H. Nosa Señora do Cristal (Ourense).

Terceiro. Natureza e alcance da xestión

A actuación da empresa pública Tragsatec realizarase en catro fases, que comprenderán as seguintes actuacións:

– Fase 1: tramitación da certificación de compatibilidade do espazo aéreo ante a Dirección General de Aviación Civil. Tramitación da solicitude de autorización de heliporto eventual.

– Fase 2: solicitude de exención do trámite ambiental.

– Fase 3: realización do estudo técnico e obtención da autorización de funcionamento.

– Fase 4: autorización de apertura ao tráfico unha vez realizadas polos respectivos hospitais as obras que a autoridade competente considere convenientes.

Cuarto. Prazo de vixencia

O presente encargo terá una vixencia de dous anos a partir da súa sinatura. Poderán ser acordadas as prórrogas do prazo de execución que sexan necesarias sempre e cando estean xustificadas as causas do atraso e sen que supoñan en ningún caso incremento do importe total do encargo.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde