Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 15 de novembro de 2019 polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de emenda da solicitude de cesión de predios.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda da solicitude de cesión de predios.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20131500138-2016-6735

Cesión temporal de predio integrante do banco de terras de Galicia 

76499798G

Requirimento de emenda de solicitude de cesión de predios