Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

FondoeuropeoAgricultura.pdf

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio das ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e á páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos:

a) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.315.1114. Saneamento na parroquia de Santa María. Melide (A Coruña).

Clave do expediente: GA.19078.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 7.735,00 euros. Importe total: 9.359,35 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 6.490,00 euros. Importe total: 7.852,90 euros.

Empresa contratista: Ingeniería Insitu, S.L.

b) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.315.1119. Saneamento en Orto e Crendes. Fase I. Abegondo (A Coruña).

Clave do expediente: GA.19079.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 13.685,00 euros. Importe total: 16.558,85 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.485,00 euros. Importe total: 10.266,85 euros.

Empresa contratista: Normansys, S.L.

c) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.536.1119. Mellora do sistema de saneamento público nas parroquias de Sendelle e A Ameixeira. Crecente (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.19085.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 11.602,50 euros. Importe total: 14.039,03 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 10.800,00 euros. Importe total: 13.068,00 euros.

Empresa contratista: Ingenia Proyectos Técnicos, S.L.

d) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.515.1135. Saneamento e abastecemento na parroquia de Larín, nos lugares de Larín de Arriba, O Salto do Carro e A Groba de Abaixo. Arteixo (A Coruña).

Clave do expediente: GA.19086.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 5.801,25 euros. Importe total: 7.019,51 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 3.875,00 euros. Importe total: 4.688,75 euros.

Empresa contratista: Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L.

e) Título: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra hidráulica de mellora do sistema de saneamento e abastecemento na parroquia de Larín, nos lugares de Larín de Arriba, O Salto do Carro e A Groba de Abaixo. Arteixo (A Coruña).

Clave do expediente: GA.19087.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 9.279,08 euros. Importe total: 11.227,69 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 7.000,00 euros. Importe total: 8.470,00 euros.

Empresa contratista: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L.

f) Título: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra hidráulica de mellora do sistema de saneamento público nas parroquias de Sendelle e A Ameixeira. Crecente (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.19088.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 14.988,66 euros. Importe total: 18.136,28 euros.

Prazo de execución: 7 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 9.999,00 euros. Importe total: 12.098,79 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

g) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.515.1134. Saneamento e abastecemento na parroquia de Larín, nos lugares de Areal, Pedroso e O Coque. Arteixo (A Coruña).

Clave do expediente: GA.19091.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 5.801,25 euros. Importe total: 7.019,51 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 3.530,06 euros. Importe total: 4.271,37 euros.

Empresa contratista: Applus Norcontrol, S.L.U.

3. Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2 anterior cofinánciaas a Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07, Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2, Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético, e prioridade 6 de desenvolvemento rural, Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia