Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 519/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 519/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Umano Servicios Integrales, S.L.U. (agora Flaming Star Nebula, S.L.), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante, Juan Antonio Ferreiro Dopico, presentou con data do 26 de maio de 2017 demanda que por quenda correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, solicitaba a condena da empresa ao aboamento das cantidades indicadas no suplico.

Segundo. Unha vez admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 16 de outubro de 2019, no cal comparece unicamente a parte demandante, e este desenvólvese en todas as súas fases. Tal e como consta na correspondente gravación audiovisual do xuízo, unha vez rematado o acto quedaron os autos vistos para sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Juan Antonio Ferreiro Dopico contra a empresa Umano Servicios Integrales, S.L.U. (actual Flaming Star Nebula, S.L.), a administración concursal de Flaming Star Nebula, S.L. e o Fogasa, condénase a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade de trescentos cincuenta euros (350 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, débese absolver o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes e fágase constar que contra esta resolución non cabe recurso de suplicación (191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Umano Servicios Integrales, S.L.U. (agora Flaming Star Nebula, S.L.), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza