Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50571

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 14 de novembro de 2019 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2019 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo).

A Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 11 de marzo) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, establece as bases e o procedemento para a adxudicación dos premios nas modalidades A e B.

Unha vez realizada a valoración dos proxectos de empresa presentados pola comisión avaliadora, designada conforme o procedemento establecido na orde de convocatoria, publicada a proposta provisional de adxudicación dos premios para as modalidades A e B da convocatoria, vista a acta coa proposta definitiva da comisión avaliadora e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios aos proxectos de empresa seleccionados no concurso Eduemprende Idea 2019, nas modalidades A e B, que figuran no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

anexo

Modalidade

Premio

Proxecto

Autoría

Centro educativo

Puntuación

Importe

A

Biofroita

Rebeca Poces Piñeiro

Olga Parshakova

Ángela Fernández Gómez

CIFP Paseo das Pontes

366

3.000 €

A

Fungal Materials

Inda Alvarado Pérez

Karlos Martín Sánchez

Marcos Daporta González

José Ramón Mosquera Ríos

IES Fernando Wirtz Suárez

364

2.000 €

A

Systerra

Sara González Núñez

Rubén Lino Mandado

Andrés Abal Aldao

Daniel Sotelo Pérez

IES de Rodeira

332

1.000 €

Modalidade

Premio

Proxecto

Autoría

Centro educativo

Puntuación

Importe

B

KAD Kids and animals detection

Óscar Laíño Carril

David Vázquez Teira

CIFP Coroso

374

3.000 €

B

Luscofusco The Braille's T-Shirt

Iria García Viñas

Thalia Diego Martínez

IES Montecelo

339

2.000 €

B

G&R Dos mundos. Un futuro

Getiza Bermeu Camargo

Juan José Rey Angueira

CIFP Valentín Paz Andrade

306

1.000 €