Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de xestión de biomasa con referencia catastral 36001A047000300001DW (expediente 402/2018).

A Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece, no seu artigo 22.1, o que segue:

«As persoas que resulten responsables conforme o artigo 21 ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xesión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano (…).

A xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas realizarase conforme os criterios establecidos mediante orde da consellería competente en materia forestal».

Esta Administración puido constatar o seguinte:

– Na parcela con referencia catastral 36001A047000300001DW, localización: Lg. Rozas-Sela polígono 47 parcela 30 rozas. 36494 Arbo (Pontevedra), incúmprese o artigo 21 da Lei 3/2007 pola existencia de maleza e árbores sen cumprir as distancias estipuladas con respecto a solo urbano, segundo constata o informe do servizo municipal do 8 de novembro de 2018.

– A sede electrónica do catastro sinala como copropietarios ao 50 % a Delia Míguez Míguez e Manuel Míguez Toucedo, pero os datos a efectos de notificacións son incorrectos tras notificación postal practicada no domicilio que figura en catastro.

En virtude do que antecede, comunico que as personas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionar a biomasa na parcela con referencia catastral 36001A047000300001DW, localización: Lg. Rozas-Sela polígono 47 parcela 30 Rozas. 36494 Arbo (Pontevedra), segundo os criterios establecidos na Orde da Consellería do Medio Rural, do 31 de xullo de 2007, pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal, de tal modo que, nunha franxa de 50 metros arredor de solo urbano, non poderá haber maleza nin as árbores indicadas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 € segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Ademais, advírteselle que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21 ter da Lei 3/2007 poderá suponer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Arbo, 14 de novembro de 2019

Horacio Gil Espósito
Alcalde