Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2019-00000159 e cinco máis).

Logo de tentar no tempo e na forma efectuar a notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste edicto a resolución ditada no procedemento establecido na Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2018).

Para os efectos emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírtese que as resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

DNI/NIE/

pasaporte

Núm. de expediente

Acto que se notifica e data

I126304

BS403B-2019-00000159

Resolución do 6.9.2019

15490591E

BS403B-2019-00001036

Resolución do 3.7.2019

32942404X

BS403B-2019-00001103

Resolución do 6.9.2019

F0367962

BS403B-2019-00001107

Resolución do 6.9.2019

32928211P

BS403B-2019-00002049

Resolución do 6.9.2019

AV130682

BS403B-2019-00004580

Resolución do 6.9.2019