Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49806

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de parcelas.

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 15 de Viladesuso, termo municipal de Oia (Pontevedra), e resultando descoñecido o titular da parcela 97 do polígono 15 (referencia catastral 36036A015000970000QT) en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017 de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables, advertindo da execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/8/2019 (314/2019)

Propietario descoñecido

36036A015000970000QT

Parcela 97, polígono 15, Viladesuso, Oia

En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 12 de novembro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa