Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública (expediente FG número 637).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 4843, do 14 de novembro de 2019, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para reaxustar as rasantes de implantación no cuarteirón R-1 do Plan parcial SUP-3R, en Perillo (Documento R.E. nº 16034, do 20.9.2019).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 15 de novembro de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente