Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

Mediante a Resolución da Alcaldía de Ponteceso, do 9 de outubro de 2019, aprobáronse a convocatoria pública e as bases reguladoras do procedemento selectivo para a provisión, mediante concurso-oposición, dun posto de traballo vacante, por promoción interna, incluído na oferta pública de emprego deste concello para o ano 2018, aprobada pola Resolución da Alcaldía do 21 de novembro de 2018 e publicada no BOP núm. 224, do 23 de novembro, denominado:

Funcionario de carreira, grupo A, subgrupo A1, segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público:

Clasificación: A-sugrupo A1.

Denominación: técnico superior da Administración xeral.

Número: 1.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 203, do 24 de outubro de 2019, publicáronse a convocatoria e as súas bases reguladoras.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais desde o seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no DOG.

Ponteceso, 28 de outubro de 2019

Xosé Lois García Carballido
Alcalde presidente