Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49542

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas R4-R5 do APE B7-04 Rego dos Pasos Sur II do Plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión celebrada o día 20 de setembro de 2019, acordou a aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas R4-R5 do APE B7-04 Rego dos Pasos Sur II do PXOM de Ames.

De conformidade co establecido no artigo 293.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e no portal de transparencia deste concello.

Durante o devandito prazo poderá consultarse no departamento de Urbanismo, rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, Ames, das 9.00 ás 14.00 horas, toda a documentación, escrita e gráfica, relacionada co instrumento ou expediente obxecto dela, así como obter as copias necesarias, sen prexuízo das taxas que se deban satisfacer.

Así mesmo, durante a información pública poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou expediente que se somete.

Ames, 11 de novembro de 2019

José M. Miñones Conde
Alcalde