Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 80/77 e cinco máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 29.10.2019, figuran os seguintes acordos:

– Monte Pena Maior, Bouzón e Coto da Lagoa (expediente 80/77), pertencente aos veciños da parroquia de Xián, do concello de Taboada. O 14.12.2018 tivo entrada un escrito presentado por Samuel López Vázquez como representante da comunidade, no que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 29.7.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 107/18) para o monte Pena Maior, Bouzón e Coto da Lagoa, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 744 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte Camilo (expediente 14/75-7/2017), pertencente aos veciños da parroquia de Bolmente, do termo municipal de Sober. O 19.11.2018 tivo entrada un escrito presentado por Susana Pérez Rodríguez como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 16.5.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 88/18) para o monte Camilo, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 653,5 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas (expediente 69/76), pertencente aos veciños dos lugares de Marexe e Vilamaior, da parroquia de Fiolleda, do concello de Monforte de Lemos. O 21.11.2018 tivo entrada un escrito presentado por Dosinda Pan Lozano como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 22.8.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 94/18) para o monte Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 111 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Narón (expediente 16/75), pertencente aos veciños da parroquia de Narón, do concello de Portomarín. O 11.12.2018 tivo entrada escrito presentado por Carlos Silva Seijas como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 18.9.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 104/18) para o monte de Narón, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 450 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Miraz (expediente 37/75), pertencente aos veciños da parroquia de Miraz, do concello de Friol. O 14.12.2018 tivo entrada un escrito presentado por Domingo Vázquez Morandeira como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 10.10.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 108/18) para o monte de Miraz, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 780 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte Serra Gorda, Salgueirón, Roza da Graña e Froxende (expediente 3/77-10/2016), pertencente aos veciños da parroquia de Bóveda, do concello de Begonte. O 19.7.2019 tivo entrada un escrito presentado por Juan Gómez López como representante da comunidade, en que manifesta que na ampliación da clasificación do dito monte que foi aprobada na reunión do 13.12.2017 incluíuse integramente a parcela con referencia catastral 27007A123001770000QR e que debido a un erro de interpretación ou da cartografía remitida ao xurado, a parcela só debeu ser clasificada en parte e solicita que se proceda á corrección conforme a documentación que achega. O 29.8.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para a peza do monte mencionada, nos termos que no dito informe se describen, que queda o monte Serra Gorda, Salgueirón, Roza da Graña e Froxende cunha superficie de 358 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 7 de novembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo