Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o emprazamento das persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución ditada no expediente de clasificación dos montes Chan do Mestre e outros, solicitados a prol da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chapela (Redondela).

Por descoñecemento do lugar de notificación persoal e en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra en sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2019.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro deste acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, avenida María Vitoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: montes Chan do Mestre e outros solicitados a prol da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Chapela.

Persoas interesadas: María Isabel López Lorenzo, José Luis Rivas Álvarez, María del Pilar Lorenzo Cabaleiro, Jaime Romero Domínguez, María Luisa Lage Soto, Francisco Núñez Carrera, Ángela Pérez González, Juan Cabaleiro Salgado, Hortensia Bastos Álvarez, José González Méndez, Josefa Margarita Carrera Villar, Carlos González Díaz, María del Carmen Tarrío Rodríguez, César Santos Barciela, Sonia María Gómez Rodríguez, Purificación Rodríguez Gómez, Emilio Rodríguez Fernández, Josefina Varela Castro, Florencio Costas Rivero, María Josefina Lourido Cobo, Renny Muiñas Besada, Carmen Pérez Costas, Antonio López Álvarez, Antonio Campos Sánchez, Victoria Alonso Piñeiro, Antonio Ballesteros Ballesteros e María Paz Pazo Rocha.

Acto notificado: resolución do expediente de clasificación dos montes Chan do Mestre e outros, solicitados a prol da CMVMC de Chapela (Redondela).