Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49172

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 7 de novembro de 2019 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

A Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regula no seu artigo 11 a composición e réxime de elección das persoas que integran o Consello da Economía Social de Galicia e no artigo 12, o seu nomeamento e cesamento, duración do mandato e substitucións.

A composición actual do Consello da Economía Social de Galicia foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019.

Os cambios de adscrición producidos na Consellería de Economía, Emprego e Industria fan necesario substituír a persoa titular representante da consellería competente en materia de emprego e a persoa suplente representante da consellería competente en materia de economía e industria.

Así mesmo, a recente renovación de cargos na Federación Galega de Confrarías de Pescadores e na entidade de representación das asociacións e fundacións máis representativa supón a necesidade de renovar as persoas representantes desas entidades no citado consello.

Tamén a Unión de Cooperativas Espazocoop comunicou a modificación de representantes desa entidade no Consello da Economía Social de Galicia como consecuencia dos acordos adoptados no seu consello reitor.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo 12 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro

Que cese Alfonso Marnotes González como vogal titular en representación da consellería competente en materia de emprego; Pablo Casal Espido como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de economía e industria; Antonio Hernández Fernández como vogal titular en representación das asociacións e fundacións máis representativas; Tomás Fajardo da Costa en representación da Federación Galega de Confrarías de Pescadores; e Constantino A. Gago Conde como vogal titular, Roberto Andrés Sanmartín como vogal suplente e Ramón Carmelo Rodríguez Padín como vogal suplente, en representación das entidades da economía social de Galicia.

Segundo

Nomear a Pablo Casal Espido como vogal titular en representación da consellería competente en materia de emprego; a Zeltia Lado Lago como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de economía e industria; a Saray Durán Gato como vogal titular en representación das asociacións e fundacións máis representativas; a José Antonio Pérez Sieira en representación da Federación Galega de Confrarías de Pescadores; e a Ana Olveira Blanco como vogal titular, a Pilar Lozano Yáñez como vogal suplente e a Constantino A. Gago Conde como vogal suplente, en representación das entidades da economía social de Galicia.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria