Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49170

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 7 de novembro de 2019 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 22 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (en diante, Congacode) é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular do consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante unha orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, segundo o disposto no artigo 15.3 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Cesar como vogais titulares e suplentes do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, agradecéndolles os servizos prestados, ás seguintes persoas:

María Teresa París Blanco

María dos Anxos Riveiro Portela

Andrea García Corzo

Margarita Figueroa Vázquez

2. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a:

Titulares:

Ana Belén Breixo Gundín

Luisa Feijoo Montero

Suplentes:

Margarita Figueroa Vázquez

Daniel Fernández Carril

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza