Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49037

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 14 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que modifica as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia (código de procedemento IG408B).

BDNS (Identif.): 465441.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Modificación do importe

Establécese a liña de préstamos directos do Igape, Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval, con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310, polo importe máximo indicado a seguir, que se establece conxuntamente coas restantes liñas de préstamos convocadas por Resolución do 2 de xullo de 2019 (DOG número 134, do 16 de xullo):

10.000.000 € para o ano 2019 e 8.000.000 € para o ano 2020.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019

A xerencia do Instituto Galego de Promoción Económica
P.S. (Resolución do 15.7.2019)
Norberto Penedo Rey
Director da Área de Competitividade