Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 48998

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de novembro de 2019 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Axencia Galega de Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Axencia Galega de Innovación xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 7 de novembro de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Axencia Galega de Innovación, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de novembro de 2019, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Axencia Galega de Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file