Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48943

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 34/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 34/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Pérez Rial contra Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou decreto co nº 508/19, con data 24.10.2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Acordo:

Declarar que a parte demandante desiste da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza