Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de novembro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

O Consello da Xunta de Galicia, mediante Acordo do 15 de maio de 2002 (DOG núm. 108, do 6 de xuño), aprobou definitivamente o proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística industrial no solo delimitado nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (en diante, Plisan). A aprobación levaba implícita a declaración de prevalencia dos intereses públicos do proxecto sectorial sobre as actuacións previstas para o aproveitamento dos recursos mineiros afectados, a declaración de utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a súa execución. Con posterioridade, o dito proxecto foi modificado polo Consello da Xunta de Galicia mediante Acordo do 13 de xaneiro de 2011 (DOG núm. 25, do 7 de febreiro).

Pola súa vez, o artigo 42.2 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, establece que a aprobación dos instrumentos de ordenación territorial e urbanística que determine a súa lexislación reguladora implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos correspondentes, cando os devanditos instrumentos habiliten para a súa execución e esta deba producirse por expropiación. A dita declaración estenderase aos terreos precisos para conectar a actuación de urbanización coas redes xerais de servizos, cando sexan necesarios.

Nesta actuación da Plisan actúa como Administración expropiante o Instituto galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) e como beneficiarias e entidades promotoras, ademais do citado organismo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Por acordo entre as entidades promotoras, o IGVS é o encargado de licitar e contratar a execución do proxecto de obra relativo á estación de tratamento de auga potable (en diante, ETAP) e a súa correspondente captación do río Miño. O contrato levouse a cabo o día 9 de novembro de 2018 entre o IGVS e a UTE formada polas empresas de Espina Obras Hidráulicas, S.A. e Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L.

Como consecuencia dos condicionantes exixidos pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil propúxose un cambio de localización da captación inicial a unha zona situada algo máis augas abaixo do río Miño, máis accesible, con condicións xeotécnicas máis axeitadas e fóra da zona de dominio público hidráulico e da servidume da canle do río. Esta proposta foi sometida a información pública, por parte da citada confederación, mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 39, do 25 de xaneiro de 2019 e no taboleiro de anuncio dos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves, sen que se presentasen alegacións, e determinou unha resolución favorable do citado organismo o día 4 de xuño de 2019. Os citados cambios propostos supoñen, necesariamente, unha modificación do proxecto inicial que foi autorizada polo director do IGVS. Coa nova redacción dada, o trazado da captación afecta terreos que non foron adquiridos previamente polos promotores e, polo tanto, debe incluírse no citado proxecto de captación un anexo de expropiacións para que as persoas afectadas teñan coñecemento e presenten as observacións, correccións e reclamacións que xulguen convenientes.

Á vista do exposto e tendo en conta a normativa de aplicación,

Acordo:

Someter a información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos dos concellos das Neves e de Salvaterra de Miño e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o proxecto modificado da ETAP da Plisan, zona de captación, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes.

Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 17 da Lei de expropiación forzosa, e nos artigos 16 e 17 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública, polo mesmo prazo dun mes, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que as persoas afectadas presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren oportunas en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa de expropiacións. Para tal efecto, notificarase este anuncio ás persoas que aparecen afectadas e ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

A exposición ao público do proxecto de captación da ETAP estará á disposición nos concellos das Neves e Salvaterra do Miño e na Área Provincial do IGVS en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, Pontevedra, ademais de poder ver a información desde a páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal). Durante o antedito prazo, todas aquelas persoas que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas á Área Provincial do IGVS en Pontevedra.

Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto modificado da ETAP da Plisan, zona de captación

Núm. orde

Referencia

catastral

Superficie

Titular

Domicilio

Tipo

expropiación

Dereitos e bens afectados

Pol.

Parcela

Tipo solo

Uso solo

Total parcela (m²)

Cultivo recoñecido

Superficie expropiada (m²)

Ocup. temp. (m²)

Superficie total afección (m²)

Núm. de bens e tipo

1

36034A16100110

161

110

Rural

RI árbores de ribeira

5.326

Descoñecido

---

Parcial

Matogueira

584,00

773,00

1.357,00

58 unidades de árbore madeirable pequena

2

36034A16101647

161

1647

Rural

MT matogueira

129

Descoñecido

---

Parcial

Matogueira

49,00

0,00

49,00

5 unidades de árbore madeirable pequena

3

36034A16101646

161

1646

Rural

MT matogueira

82

Tiago González, Constante

Lg. Chan-Tortoreos, 67 Pl Cs

36449 As Neves

Parcial

Matogueira

22,00

0,00

22,00

2 unidades de árbore madeirable pequena

4

36034A16100106

161

106

Rural

RI árbores de ribeira

177

Alonso Antes, José

Liñares

36449 As Neves

Parcial

Matogueira

61,00

60,00

121,00

6 unidades de árbore madeirable pequena

5

36034A16100107

161

107

Rural

RI árbores de ribeira

129

Beceiro Beceiro, Andrés

Avenida Alcalde Gregorio Espiño, 27, 3º A

36205 Vigo

Parcial

Matogueira

67,00

20,00

87,00

7 unidades de árbore madeirable pequena

6

36034A16100105

161

105

Rural

RI árbores de ribeira

122

Rodríguez Castro, María Alicia

Avenida Pizarro, 51, 8º B 36204 Vigo

Parcial

Matogueira

9,00

71,00

80,00

1 unidades de árbore madeirable pequena

7

36034A16100108

161

108

Rural

RI árbores de ribeira

133

Santos Lira, María

Liñares

36449 As Neves

Parcial

Matogueira

67,00

27,00

94,00

8 unidades de árbore madeirable pequena

8

36034A16100109

161

109

Rural

RI árbores de ribeira

343

Rodríguez Castro, María Concepción

r/ Nicaraga, 12, 5º B 36203 Vigo

Parcial

Matogueira

186,00

66,00

252,00

18 unidades de árbore madeirable pequena

9

36034A16101645

161

1645

Rural

MT matogueira

108

González Rocha, Argimiro (herdeiros de)

Liñares, A Cruz, nº 22

36449 As Neves

Parcial

Matogueira

30,00

74,00

104,00

3 unidades de árbore madeirable pequena

10

36034A16101644

161

1644

Rural

MT matogueira

89

Avalle Alcántara, Victoriano

r/ Constitución, 5, 4º I

36860 As Neves

Parcial

Matogueira

13,00

76,00

89,00

1 unidade de árbore madeirable pequena