Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48832

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (EXP 127/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución provisional 127/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Reino de la Campa contra Martin Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza, Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019.

Visto o sinalamento acordado no presente procedemento, e por necesidades de reorganización da axenda de sinalamentos desta maxistrada, acórdase a suspensión do xuízo oral acordado no procedemento para o día 29.10.2019, ás 12.00 horas, e fíxase como data para a súa celebración o próximo día 22.11.2019, ás 12.30 horas. Sirva a notificación da presente resolución como notificación da suspensión acordada e da citación ás partes para o novo sinalamento fixado.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpetu, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza