Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal no monte veciñal en man común Coto Redondo, na parroquia de Santalla, no concello de Samos (expediente 2019/0011).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto repoboación forestal no monte veciñal en man común Coto Redondo, na parroquia de Santalla, promovido por CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) da Casela e Parada, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático