Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 177/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 177/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nieves Pérez Insua contra Silvia Lorena Giarratan e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada, Silvia Lorena Giarratan, en situación de insolvencia total por importe de 1.339,65 euros en concepto de principal (1.020,04 euros en concepto de salario e vacacións; 119,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior e 200 euros en concepto de honorarios do letrado da parte demandante) máis outros 133,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo da recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Silvia Lorena Giarratan, insírase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza