Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2017-0021 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial, o instrutor e a xefa da Sección de Xestión Ambiental I.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de outubro de 2019

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

CO-RES-2017-0021

Miguel Ramírez Ramírez

Terceira multa coercitiva

Xefa territorial

CO-RES-2017-0120

Alfonso López Torreiro

Terceira multa coercitiva

Xefa territorial

CO-RES-2017-0225

Roberto Recarey García

Carta de pagamento do recurso de alzada

Xefa da Sección de Xestión Ambiental I

CO-RES-2019-079

Requina Martínez Schnackig

Proposta resolución

Instrutor

CO-RES-2019-087

Nicanor Pardo Jiménez

Resolución

Xefa territorial