Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48483

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, sobre o terceiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 23 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 12 de marzo de 2019 (DOG número 51, do 13 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base II.1.1.3 da convocatoria, estarán exentas de realizar o terceiro exercicio, de coñecemento de galego, as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posúen o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Segundo. Visto o escrito do Servizo de Selección da Dirección Xeral de Función Pública do 27 de setembro de 2019 onde se comunica que todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado.

Tercero. En consecuencia, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio do proceso selectivo.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

Teresa Carrera Babarro
Presidenta do tribunal