Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2019 pola que se notifica a resolución ditada no expediente IG107.2017.3.37 e un máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2017.3.37

33558847F

Axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (Resolución do 30 de marzo de 2017; DOG núm. 73, do 17 de abril)

9.7.2019

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG228.2016.1.61

Import y Export Martínez Souto, S.L.

Axudas a proxectos de investimento xeradores de emprego (Resolución do 28 de decembro de 2015; DOG núm. 247, do 29 de decembro)

14.6.2019

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición