Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 29 de outubro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifican as resolucións de baixa de oficio e cancelación das inscricións no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 29 de outubro de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecimento: Disco Bar Kuko.

Titular: Mª Josefa Vázquez Pena.

Dirección: avda. de Lugo, nº 20.

Localidade: Guitiriz.

Establecimiento: Club Náutico.

Titular: Mª Fe López López.

Dirección: lg. Ribeira.

Localidad: Foz.

Establecimiento: El Náutico.

Titular: Nelida Martul.

Dirección: rúa Diputación.

Localidad: Foz.