Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 48000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle da parcela I4a02 do parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de outubro de 2019 adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela I4a02 do parque empresarial da Sionlla, segundo o proxecto presentado o 27.09.2019 por Locales Actividades y Exclusivas Comerciales, S.A., asinado polo equipo técnico Entyl Ingenieros, S.L.

A parcela sitúase na confluencia das rúas de Castela e León, Polonia e Rioxa, figurando no catastro coa referencia 0507717NH4500F0000AG.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que, para o efecto, se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará á disposición dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, en horario das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-da-parcela-I4a02-do-parque-empresarial-da-Sionlla-Ref.-catastral-0507717NH4500F0000AG-/gl

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17.6.2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural