Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47937

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (PO 248/2018).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número 248/2018 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 23 de setembro de 2019.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario número 248/2018 promovidos por Pedro Santiago Fernández Masaguer, representado pola procuradora dos tribunais Marta Díaz Sánchez e asistido pola Letrada Isabel Gómez Soler, contra a entidade Construcciones Grial, S.A., en situación procesual de rebeldía, autos dos cales resultan os seguintes.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Pedro Santiago Fernández Masaguer, representado pola procuradora dos tribunais Marta Díaz Sánchez, contra a entidade Construcciones Grial, S.A., en situación procesual de rebeldía, e en consecuencia, declaro a nulidade do contrato de compravenda do 19 de xaneiro de 2000, celebrado entre as partes, e a demandada deberá restituír ao demandante a suma de corenta e dous mil setenta euros con oitenta e catro céntimos (42.070,84 euros) como prezo do contrato, máis os xuros legais desde a data deste (19 de xaneiro de 2000), e así mesmo, o demandante deberá restituír á demandada os inmobles obxecto da compravenda, e procederase á cancelación das inscricións rexistrais a que dese lugar o contrato declarado nulo.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días desde a súa notificación, recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E despois de ser dada e lida na súa data e encontrándose en paradoiro descoñecido a demandada, Construcciones Grial, S.A., expido e asino este edicto para que sirva de notificación a referida demandada.

Vigo, 9 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza