Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47835

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 25 de outubro de 2019 pola que se autoriza a apertura e funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda.

A representante da Asociación Semente de Trasancos solicita autorización de apertura e funcionamento do centro docente estranxeiro Semente Trasancos, de Neda, para impartir as ensinanzas do sistema educativo dos Estados Unidos de América a alumnado español e estranxeiro.

O centro achega certificado temporal, con validez ata o 31 de agosto de 2020, de elixibilidade no proceso de acreditación da New England Association of Schools & Colleges (NEASC) para impartir as ensinanzas de Pre-School Section (infantil) para un máximo de 20 postos escolares de 3 a 6 anos e de Elementary Section (primaria) para un máximo de 9 postos escolares de 6 a 12 anos, do sistema educativo dos Estados Unidos de América.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre centros docentes estranxeiros en España, así como no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización temporal

Autorizar a apertura e funcionamento, con carácter temporal ata o 31 de agosto de 2020, do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda, para impartir as ensinanzas de Pre-School Section (3 a 6 anos) e Elementary Section (de 6 a 12 anos), do sistema educativo dos Estados Unidos de América.

Os datos do centro son os que se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado estranxeiro (CPREX).

Denominación específica: Semente Trasancos.

Código do centro: 15033216.

Domicilio: Aldea Roxal, 36.

Localidade: Neda (San Nicolás).

Concello: Neda.

Código postal: 15510.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación Semente de Transancos

Ensinanzas que se autorizan temporalmente (ata o 31 de agosto de 2020):

Sistema educativo dos Estados Unidos de América, para alumnado español e estranxeiro.

Pre-School Section (infantil) para un máximo de 20 postos escolares de 3 a 6 anos.

Elementary Section (primaria) para un máximo de 9 postos escolares de 6 a 12 anos.

Artigo 2. Ensinanzas de lingua e cultura

O centro deberá complementar as ensinanzas autorizadas, de niveles equivalentes aos obrigatorios do sistema educativo español con ensinanzas de lingua e cultura española e de lingua galega, que deberán impartirse co mesmo deseño e horario establecidos nos correspondentes decretos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a cultura española deberá desenvolver os contidos esenciais da correspondente área de coñecemento, recollidos na norma reguladora das ensinanzas.

Artigo 3. Requisitos do profesorado

O profesorado que imparta as ensinanzas mencionadas no artigo 2 anterior deberá reunir os requisitos de titulación requiridos pola lexislación española para o nivel educativo, e terá os dereitos e obrigas que determina o artigo 12 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta estas materias.

Artigo 4. Validez da autorización temporal

A autorización temporal a que fai referencia o artigo 1 desta orde terá validez ata o 31 de agosto de 2020, conforme o certificado emitido pola New England Association of Schools & Colleges (NEASC). A partir desta data, a autorización dependerá dunha nova inspección dos servizos da Embaixada dos Estados Unidos de América.

Artigo 5. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 6. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, así como a solicitar unha nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional