Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47838

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2019 pola que se dá publicidade á subvención concedida ao abeiro da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (procedemento administrativo PR606A).

O 18 de xullo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 9 de xullo, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (procedemento administrativo PR606A), modificada a través da resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (DOG nº 32, do 14 de febreiro).

Así mesmo, o 18 de xullo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da devandita convocatoria, co identificador 407754 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O 11 de febreiro de 2019, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión e denegación de subvencións, con indicación de que se notificase aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 13.3 das bases reguladoras aprobadas por Resolución do 9 de xuño de 2018 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que, conforme o establecido no artigo 1 da Resolución do 9 xullo de 2018, as actuacións están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O ámbito de aplicación das subvencións tramitadas ao abeiro das presentes bases reguladoras enmárcase na liña de actuación 57: plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo, do obxectivo específico 02.03.01: promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saude, recollido na prioridade de investimento 02.03: reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; do obxectivo temático 02: mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, actuación 2.3.1.7: axudas para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo-dixitalización do patrimonio cultural.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da subvención concedida, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (procedemento administrativo PR606A) (DOG núm. 137, do 18 de xullo).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.744.0; 04.A1.571A.745.0; 04.A1.571A.760.0; 04.A1.571A.781.0.

d) Finalidade: subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

e) Entidades beneficiarias e cantidades concedidas:

Expediente

Entidade beneficiaria

Importe

PR606A-2018-00000014-00

Concello da Coruña

56.819,48 €

PR606A-2018-00000006-00

Real Academia Galega

84.712,32 €

PR606A-2018-00000019-00

Fundación Rosalía de Castro

12.329,65 €

PR606A-2018-00000010-00

Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego

38.928,85 €

PR606A-2018-00000020-00

Concello de Marín

47.190,00 €

PR606A-2018-00000021-00

Concello de Muros

15.264,97 €

PR606A-2018-00000003-00

Universidade de Santiago de Compostela

36.349,68 €

PR606A-2018-00000017-00

Concello de Ortigueira

15.947,93 €

PR606A-2018-00000016-00

Concello de Vimianzo

12.342,00 €

PR606A-2018-00000024-00

Fundación Uxío Novoneyra

11.865,84 €

PR606A-2018-00000007-00

Concello de Betanzos

52.920,83 €

PR606A-2018-00000015-00

Fundación Vicente Risco

78.239,50 €

PR606A-2018-00000008-00

Concello de Avión

15.815,31 €

PR606A-2018-00000009-00

Fundación 10 de Marzo

23.662,70 €

PR606A-2018-00000005-00

Concello de Ribadeo

17.772,38 €

PR606A-2018-00000012-00

Concello de Pol

41.984,46 €

PR606A-2018-00000022-00

Concello de Ribeira

17.415,17 €

PR606A-2018-00000011-00

Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

13.786,30 €

PR606A-2018-00000025-00

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

90.000,00 €

PR606A-2018-00000002-00

Fundación Pedro Barrié de la Maza

28.786,48 €

Total

712.133,85 €