Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 11 de outubro de 2019 de denegación do cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 31 do polígono 503, do termo municipal de Boimorto (CFA 212/2016).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña denegou, mediante a Resolución do 11 de outubro de 2019, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 31 do polígono 503, do termo municipal de Boimorto. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 11 de abril de 2019.

A Coruña, 16 de outubro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña