Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS618D.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, xa que se intentou a notificación e non se puido efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña; Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de setembro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

48110746J

BS626F15019005216

Desestimación: 24.7.2019

46899972M

BS626F15023001318

Desestimación: 18.7.2019

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

32796083S

BS626F15030069617

Desestimación: 18.7.2019

52930481Y

BS626F15073003418

Desestimación 15.7.2019

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

53307974T

BS618D15030012518

Desestimación: 5.7.2019

32783358D

BS618D15031000718

Desestimación: 24.7.2019